Translate

lunes, 29 de febrero de 2016

Segunda asamblea de socios da "Ribeira de Foz"

O pasado sábado 27, celebramos a segunda asemblea de socios da "Ribeira de Foz", na que unha vez mais se veu a participación e compromiso por os numerosos socios que acudiron a esta, na que se debateu con intensidade durante o transcurso da mesma.
Na mesma fixemos un resumo dos tramites e das amplas actividades que realizamos durante este ano 2015, das que os socios quedamos moi satisfeitos pola xestión feita ata o de agora a pesares da xuventude da nosa asociación, cumpriremos un ano no vindeiro mes de abril, e no que tamén expresaron o seu descontento xeral con algunhas das promesas incumpridas de vontade política.
Nesta asemblea,chegamos diversos acordos para seguir adiante con tramites pendentes como os de poñer tomas de agua e luz en Porto Chico, para o cal levaremos a cabo unha petición de axuda. Tamén se aprobou insistir na eliminación dos requisitos discriminatorios da famosa bonificación por falta de calado, para o cal faremos uso da figura do "Valedor do Pobo".
E aprobáronse algunhas propostas para este 2016;
Ante a problemática do lixo do mercado que acaba na dársena, despois de debater varias alternativas, acordase: realizar un escrito, para presentar ante Portos e Concello solicitando que se tomen as medidas oportunas para que non se produzan eses feitos, de tirar bolsas e papeis a dársena. Así mesmo, e como medida de concienciación e exemplar, realizarase un martes unha recollida simbólica dende algunha embarcación, e poñeremos un cartel na confraría de pescadores.
Realizar unha charla técnica de pesca, sobre da modalidade deportiva “jigging”.
Programar unha excursión a algunha feira náutica, como poda ser a de Vigo.
Realizar unha cea o comida para tódolos socios.
Tamén se recolleron algunhas peticións de arranxos varios para solicitar a portos, como a de tapar uns furados nos finguers dos pantalans que son perigosos, e nos que xa se produciu algún accidente no pasado.

Progreso de Lugohttp://elprogreso.galiciae.com/noticia/510858/ribeira-pedira-al-valedor-do-pobo-la-bonificacion-por-falta-de-calado-en-foz
La Voz de Galicia 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/foz/2016/02/29/ribeira-dara-ejemplo-recogiendo-basura-puerto/0003_201602X29C2994.htm

 http://www.cronica3.com/wp-content/themes/cronica3/images/cronica3.jpg
http://www.cronica3.com/2016/02/ribeira-de-foz-celebrou-a-sua-segunda-asemblea-de-socios/