Translate

martes, 29 de marzo de 2016

Foz 1948




Un pedaziño de historia e da importancia da industria focega e do muelle de Foz noutros tempos.
De 1948 é este vídeo do documental titulado Riquezas Lucenses, obra de Carlos Boué, guionista e director de moitos dos traballos realizados por Peñalara Films na provincia de Lugo, actividade que compaxina coa de propietario de Augustus Films, productora deste documental.
Merece a pena visionar este pedazo da nosa historia:


martes, 8 de marzo de 2016

Normativa pesca 2016 - Dentro da Ría de Foz


ORDE do 28 de xaneiro de 2016 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2016.

Artigo 9.
Réxime especial de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...)

Períodos hábiles.

c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano
Provincia de Lugo.
Río
Límite superior
Límite inferior
Masma
Puente da Espiñeira en la carretera nacional 462 entre los ayuntamientos de Foz y Barreiros
Línea recta imaginaria que une Punta Prados con la punta de la escollera de Foz


Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) A dimensión mínima de captura para cada unha destas especies será a establecida na normativa de pesca marítima.

b) A cota máxima de capturas por persoa e día será de 5 kg para o total de pezas capturadas e pode non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.

Engados.
Engados autorizados: xorra ou becho de mar (Nereis sp.), pulga de mar, miolo de pan, quisquilla, mosca artificial cun anzol e sen arponciño, peixes artificiais e mais engados de materiais plásticos ou semellantes (comunmente coñecidos como «vinilos»).
Autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.

Artigo 13.
Horas de pesca
De conformidade co disposto no artigo 31.3 da Lei de pesca fluvial, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois do solpor. As horas oficiais serán as publicadas na páxina web de Meteogalicia:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/orto/ortoIndex.action, tomando como referencia a localidade máis próxima ao punto onde se estea pescando.

Dez minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da xornada de pesca todos os aparellos e engados deberán estar recollidos e, se é o caso, as canas pregadas.

Artigo 15.
Canas de pescar e utensilios auxiliares

b) Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación aínda que o número de persoas embarcadas sexa maior.

c) Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e nos encoros que se relacionan nos anexos VI e VII desta orde autorízase o emprego de dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros.

Artigo 16.
Pesca desde embarcación

De conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes nas zonas de desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VI e VII desta orde, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e a flotación nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais.

-------------------------------------------------

jueves, 3 de marzo de 2016

Obras de sinalización no peirao de Porto Chico

A Ribeira de Foz queremos agradecer a portos de Galicia que atendese onte unha das nosas peticións, para mellorar a ordenación viaria portuaria en Porto Chico mediante a sinalización e pintado de unhas zonas de carga e descarga e aparcamentos, cousa que demandamos no seu día, por mor das complicacións que os usuarios de este peirao sofrían sobre todo na época estival. Por isto esta actuación sinxela de ordenación do bordo axudara moito a facilitar labores diarias, como por exemplo as de carga e descarga de materiais.
Esperamos tamén e mantemos a esperanza en que o concello de Foz cumpra o compromiso que adquiriu con nos e coa confraría de pescadores fai case un ano, relacionado con este tema da ordenación viaria de este peirao, compromiso que consistía na apertura nun pequeno vial de uns vinte metros que sirva como novo acceso a Porto Chico e que solucionaría as dificultades e perigos actuais existentes, xa que actualmente nos veráns, nas datas festivas en Foz cortase a circulación do único acceso a este peirao para vehículos, provocando unha situación de crispación entre os usuarios do peirao por non poder acceder as súas embarcacións. Neste pasado verán tras comentar previamente o tema en cuestión co alcade de foz e a policía local, tomouse unha solución de provisional, facendo e sinalizando dobre sentido nunha vía estreita existente, pero que entendemos que por ser algo provisional e non ser adecuada para o dobre sentido, ten certo risco, ademais de non ser adecuada esta para circular con carros de remolque para as embarcacións. Polo tanto esperamos que para este verán se cumpra dito compromiso.

La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/.../00031456947752584166690.htm