Translate

jueves, 3 de marzo de 2016

Obras de sinalización no peirao de Porto Chico

A Ribeira de Foz queremos agradecer a portos de Galicia que atendese onte unha das nosas peticións, para mellorar a ordenación viaria portuaria en Porto Chico mediante a sinalización e pintado de unhas zonas de carga e descarga e aparcamentos, cousa que demandamos no seu día, por mor das complicacións que os usuarios de este peirao sofrían sobre todo na época estival. Por isto esta actuación sinxela de ordenación do bordo axudara moito a facilitar labores diarias, como por exemplo as de carga e descarga de materiais.
Esperamos tamén e mantemos a esperanza en que o concello de Foz cumpra o compromiso que adquiriu con nos e coa confraría de pescadores fai case un ano, relacionado con este tema da ordenación viaria de este peirao, compromiso que consistía na apertura nun pequeno vial de uns vinte metros que sirva como novo acceso a Porto Chico e que solucionaría as dificultades e perigos actuais existentes, xa que actualmente nos veráns, nas datas festivas en Foz cortase a circulación do único acceso a este peirao para vehículos, provocando unha situación de crispación entre os usuarios do peirao por non poder acceder as súas embarcacións. Neste pasado verán tras comentar previamente o tema en cuestión co alcade de foz e a policía local, tomouse unha solución de provisional, facendo e sinalizando dobre sentido nunha vía estreita existente, pero que entendemos que por ser algo provisional e non ser adecuada para o dobre sentido, ten certo risco, ademais de non ser adecuada esta para circular con carros de remolque para as embarcacións. Polo tanto esperamos que para este verán se cumpra dito compromiso.

La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/.../00031456947752584166690.htm