Translate

lunes, 25 de julio de 2016

Salón Náutico de Laredo Excursión

A Ribeira de Foz con 14 dos seus socios, na excursión o salón náutico de Cantabria en Laredo.
A excursión que ademais de ser ociosa foi moi didáctica para nos  moitos aspectos.
Encantados co trato recibido por parte da organización e tamén coas xentes do pobo Laredano, que nos mostraron en todo momento o cariño que teñen a Foz. Resultou entrañable conversar cos vellos mariñeiros autóctonos que recordan con absoluta precisión os nomes dos barcos de Foz e de moitos mariñeiros Focegos, que recalaban en Laredo nas campañas da anchoa.
Por algo estamos irmandados con estas xentes.
Precioso Laredo, boa gastronomía, aquí cabe destacar Gastro Bar Somera calidade absoluta e bon servizo,  é o incrible e impresionante de ver as instalacións que teñen para a náutica recreativa, pantalanes modernos nos que o número de prazas para embarcacións de tódolos tamaños e clases parece ser infinito. Abraia ver que pobos similares os nosos da Mariña Lucense teñan esas preciosas instalacións.
Moito temos que remar na mariña para poder chegar a ser e ter a metade...





jueves, 21 de julio de 2016

Seguimos coas melloras.


Hoxe os socios da Ribeira de Foz acabamos de instalar no Muelle e en Porto Chico, nos novos soportes, 225m de mangueira de auga de alta calidade, doada pola empresa CONSTRUCCIONES Y CANALIZACIONES JOSÉ SAÁ S.L, a cal agradecemos a sua importante colaboración con nos.
Ademais a asociación aportou os acoples e boquillas para estas mangueiras tamén en materias de calidade.

Estas melloras son froito dos socios e polo tanto debemos velar por manter e coidar do que conseguimos ata o de agora.

Animamos a moitos que tendes embarcacións, e inda non sodes participes, a facerse socio de A Ribeira de Foz, para asi poder seguir mellorando as nosas instalacións.

Aproveitamos tamén para dar o seguinte aviso;
Este vindeiro mércores van a empezar a reparar os buracos que teñen os pilares que suxeitan os pantalanes de Porto Chico, nestas reparacións traballarase con soldadura e oxicorte, polo tanto os que teñades as embarcacións pegadas a os pilares, deberiades estar un pouco pendentes destes traballos. Teñen prevista unha duración de tres días.

miércoles, 13 de julio de 2016

Novo acceso a Porto Chico



Outra mellora acadada,
O concello de Foz esta a abrindo un novo acceso a o peirao de Porto Chico, acceso que so se abrira e usara para chegar o peirao, cando se corte a Travesía da Ribeira por mor das moitas festas que temos nesa zoa no verán.
A vía nova será de sentido único para acceder o peirao e nunca para saír do mesmo, para eso seguirase usando a saída de sempre. Quedando como unha rotonda de entrada e saída.
Esto era outra das nosas peticións humildes, que esta vez agradecemos o concello de Foz que reorganice isto, que os socios da Ribeira de Foz viamos necesario para ter unha boa convivencia entre os usuarios portuarios e as festas locais.







Seguimos de boas novas, coas melloras dos nosos peiraos de Foz.

Tras conseguir que portos instalase nos peiraos Focegos as torretas de auga e electricidade tan demandadas polos usuarios da náutica recreativa de Foz.
Esta vez tratase da colocación por parte da nosa asociación de 8 soportes en aceiro inoxidable para colgar unhas mangueiras de auga e unhas alargadeiras eléctricas. Soportes que nos donou a Estación de Servicios Foz, S.L.. Repsol de Foz en Marzán, e que serán de gran utilidade para a ordenación correcta dos 200m de mangueiras de auga e alargadeiras de luz que van a portar estes soportes para mantemento das embarcacións deportivas de Foz, ademais eliminamos ter mangueiras tiradas polo chan que poden provocar algún accidente, e logramos tamén unha importante mellora estética nos pantalanes de Foz.
Polo que non nos queda mais que agradecer esta importante colaboración a Estación Repsol de Foz.




Outra das nosas humildes peticións, que portos de Galicia executou estes días pasados foi a colocación de unhas chapas lagrimadas no pantalán do muelle, chapas que serven para tapar unhos ocos nas entradas dos finguers de amarre, ocos nos que os usuarios xa tiveramos algún percance metendo por eles a perna de forma accidental.
Grazas a colocación desa chapa eliminouse o risco que existía.






Portos de Galicia tamen esta a proceder coa colocación das proteccións nos pantalanes de Porto Chico, con isto esta case rematada a obra de reparación e acondicionamento deses pantalanes e a falta de tapar os buratos existentes nos pilares, os traballos de; chorreo, aceitado de tablas, colocación de torretas de auga e luz, e colocación de proteccións están feitos.
O lavado de cara de estes pantaláns pódese ver a simple vista.
Peticións de acondicionamento que no seu dia solicitou a nosa asociación.