Translate

jueves, 24 de agosto de 2017

1° Quedada de pesca a Curricán en Foz


Hoxe presentamos o I Open-quedada de Pesca deportiva na modalidade de Curricán en Foz.



O sábado 26 de agosto, se as condicións climatolóxicas son favorables, a partires das 07:30 am sairán escalonadamente dos portos focenses 33 embarcacións que se apuntaron nesta quedada, para desfrutar de unha mañá de pesca deportiva na modalidade de Curricán pola costa mariñana.

O obxectivo de este evento é o de fomentar a náutica e a pesca deportiva no noso pobo e na Mariña, para o que sairemos pescar como calquera outro día, coas normas que xa temos actualmente os pescadores deportivos. A diferencia será que, en vez de irmos para a casa despois de chegar do mar, xuntarémonos todos os participantes ás 13:30 na lonxa da confraría e alí expoñeremos ao publico algúns dos peixes que se poden pescar deportivamente na Mariña lucense.  Os alí presentes poderán preguntar e ver de forma activa como é a pesca deportiva dende unha embarcación.



Ás 14:00 h. na Praza Conde de Fontao,  coa colaboración do Concello de Foz, Deputación de Lugo, C.C.A Foz, El castillo pesca de Ribadeo e Kukadas pesca de Foz, repartiremos múltiples regalos e premios aos participantes do evento, con mencións destacadas como a “muller pesquina” ou o premio “Lobo de mar” o patrón de embarcación mais veterano da xornada.



Animamos ao público en xeral que se acerque ao Muelle de Foz este sábado para ver algo diferente, e poder saber algo máis sobre a náutica e a pesca deportiva, un deporte para o que non conta o sexo nin a idade,  e no que a recompensa máis grande e a de gozar do mar que nos rodea, e tamén coñecer e respectar a natureza que éste esconde