Translate

domingo, 4 de febrero de 2018

Asamblea 03-02-18

Onte tivemos no CENIMA Asemblea Xeral dos socios da asociación A Ribeira de Foz,
na que fixemos un resumo do ano pasado.  Os socios destacaron o éxito que tivo a Asociación nas actividades deportivas que se organizaron, tamén destacar o aumento de socios durante este ano e que se viron cumplidos os obxectivos fixados.

Informouse aos socios da situación actual do proceso de dragado e aumento de prazas para o peirao do “Muelle”, obra que aliviaría algo a lista de espera de máis de noventa embarcacións para ter un atraque en Foz , e que nun principio segundo as autoridades, está previsto que se faga durante a primavera deste ano e que esperamos con ansia que así suceda.  Estamos pendentes de ter información de como se vai  executar para poder organizar e coordinar a retirada das embarcacións se fose preciso.

 Como obxectivos  prioritarios para este ano, os socios decidimos que temos que seguir recalcando a importancia do sector náutico deportivo na nosa vila e na comarca, para o que imos repetir eventos como os de Iniciación e perfecionamento de pesca con señuelos artificias e concurso de pesca, que tanto éxito tiveron o ano pasado. Ambos os dous contarán con novidades importantes. Seguiremos apoiando o cluble Kayak na travesía de Foz e tamén se fará algún outro evento en colaboración con Maremasma. Acordouse tamén mirar de comprar algún carro de transporte para embarcacións para facer as labores de mantemento das mesmas.

Outro dos obecxtivo prioritarios para este ano e que os  socios non queren que se esqueza, é  insistir con máis forza en recordar que ademáis do “Muelle” temos outro peirao en Foz “Porto Chico” no que a situación de falta de calado e as malas condicións de abrigo seguen a empeorar ata o punto de que moitas das embarcacións que teñen alí o seu atraque e pagan relixiosamente a Portos, optan por subir á terra as lanchas nesta época, e os que non as suben están sempre coa preocupación dos temporales que fan estragos dentro do peirao e desperfectos ás embarcacións.  Outros dada a situación precaria e de perigo,  vense obrigados a mover as embarcacións da sua praza de atraque e levalas provisionalmente o peirao pesqueiro do muelle cando se aproxima un temporal. Facendo un símil da situación en Porto Chico sería como estar pagando un garaxe no que só podes aparcar e sair del en determinadas horas, que se chove ten goteiras enriba do coche e con perigo de que o teito do garaxe se veña abaixo. 
Para poder solucionar o  problema, seguiremos demandando que se teña en conta a nosa idea para mellorar e optimizar este peirao, idea que presentamos a Sra Rosa Quintana, Conselleira do Mar, que comprendeu a situación e se comprometía en empezar a facer os estudos necesarios para mellorar as pésimas condicións actuais. Esperamos durante este ano ver algún avance neste sentido o dada a urxencia que require a situación.