Translate

domingo, 29 de mayo de 2016

Excursión de pesca a Aguiño

Esta semana organizamos con algúns socios unha saida de pesca guiada na modalidade de spinning na busqueda de o tan prezado robalo, decidimos ir a Aguiño na ria de Arosa Pontevedra. Para elo recorremos a empresa Mar de Aguiño.

 A experiencia foi moi boa en xeral;
 Saimos en grupo organizados o pasado xoves de madrugada cara a Aguiño pois quedaramos co patrón que nos ia levar e guiar as 06.15 am para aproveitar as boas horas de pesca que ofrece a saída do sol. o chegar xa nos esperaba coa planeadora o patrón, que antes de embarcar xa nos advírteo; "hoxe ides practicar pesca extrema" pois o mar estaba bastante bravo esa maña e por esa razón non iamos poder visitar moitas das postas de pesca que teñen dominadas. Unha vez equipados e cos chalecos salvavidas postos, en pouco tempo xa estabamos dando os primeiros lances e paseando os señuelos de vinilo.
  É incrible o numero de afloramentos de rochas, que no medio do mar teñen nesa zoa da ría de Arousa, o soño de calquera pescador de spining poder gozar desas costas e paraxes.
  Tras dúas horas e media lanzando sen practicamente descansar o resultado foi espectacular, con innumerables picadas que se sucedían unha tras outra sin cesar desde a primeira posta que visitamos ata a ultima, o que ademais de gratificante como pescadores resultou divertidisimo, e a pesares de que non tivemos a sorte de sacar un robaliño bo, si que puidemos desfrutar coas robalizas as cales cumprindo estritamente coa normativa, o numero de capturas superou amplamente as nosas expectativas, practicando o pesca e solta con numerosas capturas, pois xa estabamos mais que satisfeitos. As indicacións do guía de pesca e patrón axudaron en gran medida as moitisimas picadas que tivemos, e a pericia e experiencia que este demostrou coa embarcación facía que estivésemos confiados a pesares das duras condicións do mar.



O resultado desta primeira excursión de socios que organizamos a Aguiño foi case que inmellorable, e seguro que repetiremos en vindeiras ocasións con  Mar de Aguiño, por que ademais de ser uns profesionais e ser boas persoas no trato, son económicos no prezo en comparanza con outros guías.
Se vos gusta a pesca Spinning, recomendámosvos que se podedes fagades unha saída guiada por eles, merece realmente a pena.