Translate

sábado, 12 de mayo de 2018

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico de Foz."

Hoxe temos outra boa nova para Foz,
No parlamento de Galicia hoxe mesmo tódolos grupos parlamentarios aproban por unanimidade unha proposición non de lei, que pide facer os estudos necesarios para acometer as melloras de abrigo e da dragaxe de Porto Chico.
(Melloras que nos, xunto co noso alcalde Javier Jorge Castiñeira pediamos, e defendiamos cando fomos presentalas a pasada primavera en Santiago na consellería de pesca e a sua presidenta, a Sra. Rosa Quintana.)
Dende A asociación a Ribeira de Foz queremos recalcar a importancia de chegar acordos fora das siglas políticas, pois cando os argumentos son de peso e inaudibles como son os deste caso, son un exercicio de responsabilidade para quenes nos representan.
Agradecemos polo tanto a o grupo parlamentario en Marea, e a exposición hoxe de  Paula Vázquez Verao de que se preocupasen por reunirse con nos, e de levar as nosas preguntas e reivindicacións sobre do tema de Porto Chico a debate parlamentario. Do mesmo xeito agradecer o resto de partidos; PP, PSOE e BNG cos que tamén tivemos varias reunións, o entendemento da necesidade e da urxencia, e que votasen a proposición a favor.
 
A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 11 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 5322 (10/PNC-000509)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre a execución pola Xunta de Galicia das obras de dragaxe do Porto Chico, de Foz
BOPG n.º 75, do 01.03.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico de Foz."
Deixámosvos aquí  o vídeo da comisión de hoxe onde durante os 30 primeiros minutos os deputados debaten do tema de Foz e de Porto Chico.