Translate

domingo, 6 de octubre de 2024

Modo de conocer las mareas a través de la EPACTA

 


Los pescadores antiguamente no disponían de Libros de Mareas, tenían un método tradicional que aprendían de sus antepasados, para saber las pleamares y bajamares que les era muy necesario, sobre todo en los puertos de barra como el de Foz, para entrar y salir con sus embarcaciones.

Esto lo aprendí de un viejo amigo fallecido, pescador de pulpos y congrios encovados, que poco más sabía que leer los palotes y hacer las cuentas por los dedos; reconozco que muy poco más sé yo.

Epacta. La epacta, según un diccionario de la Lengua es la edad que tiene la luna en el día 1 º de cada año. Y otro diccionario, lo define: el número de días en que el año solar excede al lunar. Creo que viene a ser la misma cosa.

Hay varios métodos matemáticos para saber la epacta, pero como pueden ser algo complicados para la gente a la que va dirigido el presente escrito, nos quedaremos en que la epacta es la edad de la luna en el día 1º de año, y esto podremos comprobarlo mirando un calendario que se tenga, con las fases de la luna.

Una vez conocida la epacta (si miráis un calendario de este año observaréis que son 28 días transcurridos desde el día 4 de Diciembre, que es luna nueva, hasta el 1 º del año 2003).

No sé por qué se numeran los meses empezando por Marzo (1), Abril (2), Mayo (3), Junio (4), Julio (5), Agosto (6), Septiembre (7), Octubre (8), Noviembre (9), Diciembre (10), y se vuelve a empezar numerando el mes de Enero (1) y Febrero (2), no existe el (11) ni el (12).

Tampoco sé por qué, todas las operaciones que se hagan que excedan de 15 o múltiplo de 15 (30, 45...) serán eliminadas, quedando este resultado como hora de pleamar; y lo que falta de esta hora para llegar a 15, serán los quintos de hora que se añadin a la cifra de hora, dando el resultado de la pleamar; conoceremos la baja añadiéndole o disminuyéndole según convenga seis horas y 11 minutos, que es el tiempo que transcurre de una pleamar a bajamar. En el caso de Foz parece ser que se le añaden 12 minutos al resultado final, por el establecimiento del puerto.

Conociendo ya todo esto, pongamos unos ejemplos.

Queremos conocer las pleamares de los días 16 de Julio y 1 O de Agosto del año-2003, festividades del Carmen y San Lorenzo, fiestas patronales de Foz.

Día del Carmen 2003 (16-7-2003)

Decimos: Epacta (28) más 16 (el día) más 5 (el mes), suman 49; esta suma excede de un múltiplo de 15 (45); se lo restamos y nos quedan 4 que es la hora; pero como a 4 le faltan 11 para llegar a 15, la pleamar será a las cuatro horas y once quintos de hora, y como cada quinto de hora son doce minutos, resulta que la pleamar será a las SEIS Y DOCE MINUTOS (hora solar), a la que se le añadirán dos horas que son las que se aumentan en el verano a la hora del sol.

Día de San Lorenzo 2003 (10-8-2003)

Decimos: Epacta 28 más 1 O (el día), más 6 (el mes), suman 44, y como excede a múltiplo de 15 (30), se lo restamos y nos quedan 14, que son las horas, pero como de 14 a 15 hay uno, la pleamar será a las 14 y un quinto, y como cada quinto de hora son 12 minutos, la pleamar será a las 14 horas y 12 minutos, a las que se tendrá que añadir dos horas por verano más los 12 minutos del establecimiento del puerto.

Se advierte que no es exacto con el Libro de mareas pero se aproxima mucho

domingo, 21 de octubre de 2018

EL NUEVO PANTALÁN DEL PUERTO DE FOZ


Estos días, ya después de terminar con  el dragado en el puerto de Foz, se ha empezado a montar el nuevo pantalán.

Todavía queda alguna cosa que poner, pero ya lo podemos ver cómo queda.


Os ponemos unas fotos.





viernes, 7 de septiembre de 2018

LVI TRAVESIA RIA DE FOZ 2018

Como todos los años se celebra en nuestra preciosa ría la LVI TRAVESÍA DE PIRAGÜISMO organizado por el CLUB KAYAK DE FOZ.

Desde el Club todos los años nos solicitan colaboración para ayudar como embarcaciones de apoyo a la travesía y nosotros como no, pues les ayudamos en todo lo que podemos.

Por ahora son 13 embarcaciones que van a prestar esa colaboración

Nos vemos todos el sábado día 9 por la tarde en la ría.

lunes, 3 de septiembre de 2018

II OPEN DE PESCA - FOZ 2018

El pasado sábado día 1 de Septiembre se celebro en Foz el II Open de Pesca. Este año hubo un cambio con respecto al año anterior, ya que este no había modalidad, cada participante podía ir al curricán, spinning, jigging, fondo etc...

Fue una jornada muy dada a la pesca, con participantes de diferentes lugares de la zona norte de España. En total mas de 30 embarcaciones con mas de 80 participantes.

Desde aquí queremos dar las gracias a:

- Concello de Foz
- Centro Comercial Aberto de Foz
- Kukadas Foz
- Castillo - Capturas Ribadeo
- Radio Foz
- Spanish Lures
- O Muelle Bar
- A Funcional
- Pulpería Rente O Mar
- Bar A Rambla
- Cafetería Xoyma.

En breve subiremos fotos. Noticias del concurso:


Voz de Galicia




sábado, 12 de mayo de 2018

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico de Foz."

Hoxe temos outra boa nova para Foz,
No parlamento de Galicia hoxe mesmo tódolos grupos parlamentarios aproban por unanimidade unha proposición non de lei, que pide facer os estudos necesarios para acometer as melloras de abrigo e da dragaxe de Porto Chico.
(Melloras que nos, xunto co noso alcalde Javier Jorge Castiñeira pediamos, e defendiamos cando fomos presentalas a pasada primavera en Santiago na consellería de pesca e a sua presidenta, a Sra. Rosa Quintana.)
Dende A asociación a Ribeira de Foz queremos recalcar a importancia de chegar acordos fora das siglas políticas, pois cando os argumentos son de peso e inaudibles como son os deste caso, son un exercicio de responsabilidade para quenes nos representan.
Agradecemos polo tanto a o grupo parlamentario en Marea, e a exposición hoxe de  Paula Vázquez Verao de que se preocupasen por reunirse con nos, e de levar as nosas preguntas e reivindicacións sobre do tema de Porto Chico a debate parlamentario. Do mesmo xeito agradecer o resto de partidos; PP, PSOE e BNG cos que tamén tivemos varias reunións, o entendemento da necesidade e da urxencia, e que votasen a proposición a favor.
 
A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 11 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 5322 (10/PNC-000509)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre a execución pola Xunta de Galicia das obras de dragaxe do Porto Chico, de Foz
BOPG n.º 75, do 01.03.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico de Foz."
Deixámosvos aquí  o vídeo da comisión de hoxe onde durante os 30 primeiros minutos os deputados debaten do tema de Foz e de Porto Chico.

jueves, 24 de agosto de 2017

1° Quedada de pesca a Curricán en Foz


Hoxe presentamos o I Open-quedada de Pesca deportiva na modalidade de Curricán en Foz.



O sábado 26 de agosto, se as condicións climatolóxicas son favorables, a partires das 07:30 am sairán escalonadamente dos portos focenses 33 embarcacións que se apuntaron nesta quedada, para desfrutar de unha mañá de pesca deportiva na modalidade de Curricán pola costa mariñana.

O obxectivo de este evento é o de fomentar a náutica e a pesca deportiva no noso pobo e na Mariña, para o que sairemos pescar como calquera outro día, coas normas que xa temos actualmente os pescadores deportivos. A diferencia será que, en vez de irmos para a casa despois de chegar do mar, xuntarémonos todos os participantes ás 13:30 na lonxa da confraría e alí expoñeremos ao publico algúns dos peixes que se poden pescar deportivamente na Mariña lucense.  Os alí presentes poderán preguntar e ver de forma activa como é a pesca deportiva dende unha embarcación.



Ás 14:00 h. na Praza Conde de Fontao,  coa colaboración do Concello de Foz, Deputación de Lugo, C.C.A Foz, El castillo pesca de Ribadeo e Kukadas pesca de Foz, repartiremos múltiples regalos e premios aos participantes do evento, con mencións destacadas como a “muller pesquina” ou o premio “Lobo de mar” o patrón de embarcación mais veterano da xornada.



Animamos ao público en xeral que se acerque ao Muelle de Foz este sábado para ver algo diferente, e poder saber algo máis sobre a náutica e a pesca deportiva, un deporte para o que non conta o sexo nin a idade,  e no que a recompensa máis grande e a de gozar do mar que nos rodea, e tamén coñecer e respectar a natureza que éste esconde

sábado, 18 de marzo de 2017

Xornadas de iniciación pesca deportiva

Spinning-Jigging

Balance das Xornadas de iniciación a pesca deportiva Jigging - Spinning que organizamos os pasados días 10-11 e 12.

Un dos obxectivos da "A Ribeira de Foz" é a promoción e fomento da náutica recreativa na nosa vila e na mariña lucense. Así que por isto marcamos na ultima asemblea de socios o facer un evento deportivo relacionado coa pesca e que todo o mundo puidese acceder a el. Desta maneira nos decidimos por iniciarnos nas modalidades de spinning e jigging.

Coa axuda de Michel, xerente da tenda de pesca Kukadas, e de El Pez Rosa, conseguimos traer a Foz a 5 integrantes do equipo Fiiish España, que facendo un símil co deporte do fútbol sería como traer a Foz o Real Madrid ou Barcelona, os mellores, que como tales equípanse coas mellores e mais actuais marcas deportivas de pesca do mundo.

Dende que empezamos a anunciar o evento entendimos o que este deporte pode chegar a supoñer para unha vila coma a nosa, numerosas de chamadas de teléfono dende múltiples lugares de España se sucedían para preguntar, anotarse, etc...
As dimensións que empezaba a tomar o asunto facíanse realmente importantes.

Comenzamos o venres, e xa fixemos unha primeira saída de pesca  a practicar Jigging en varias embarcacións. A xornada soleada e con temperaturas cálidas propias do verán deixaron abraiados os cinco compoñentes do equipo de elite, que chegaron a dicir que nin en Almería de onde proviña algún deles,  non  facía tanto sol como neste día no mar de Foz. Tivemos sorte e ademais de practicar a técnica,  puidemos capturar algúns fermosos peixes que por suposto devolviamos o seu medio tras a correspondente foto coa máxima delicadeza, pois este era unha das principais regras do evento, si se producían capturas durante as practicas estas deberían ser sempre devoltas o mar en perfectas condicións, ademais as modalidades de pesca que practicabamos permiten sempre este captura e solta. 
 
As xornada do Sabado foi toda unha revelación de boas sensacións dende o inicio da mesma:

CENIMA 11.20h abarrotado, auditorio completo e isto a pesares das 30 cadeiras a maiores que puxeramos en previsión das chamadas das persoas interesadas. Mais de 130 persoas asistiron á presentación e a unha charla técnica que impartiu con gran éxito Ramón Cañadas, quen non deixou de abraiar os asistentes coas súas explicacións, apoiadas por vídeos instrutivos das técnicas de pesca. A simpatía de este poñente lograba entusiasmar a todos os asistentes, un momento ilustrativo da mesma foi cando en unha das explicacións cunha caña de pescar deixou baixar lentamente un dos señuelos que estaba a amosar ata o chan e as 130 persoas levantáronse das cadeiras o mesmo ritmo acompasado ca o do señuelo caendo para así non perdelo de vista. Isto demostra que estes señuelos non só son efectivos cos peixes, ¿non si?...

Tras a charla os participantes tiveron  unha hora para visitar e tomar algún aperitivo polas inmediacións da zona.
90 dos participantes acudiron despois a comer un gran cocido galego preparado polo Tangarte Mariñeiro, xentes de Gijon, Ferrol, Madrid, León ,Asturias, Castro Urdiales, Lugo, Santiago, Ourense, e de toda a Mariña Lucense, pescadores nobeles, expertos  e medios, confraternizaron de tal xeito que inda que nunca se tiveran visto parecían coñecerse de toda a vida. De esta comida cabe destacar unha cousa que a directiva nos chegou a emocionar de forma moi especial, que foi a de xuntar alí os mais vellos e sabidos mariñeiros e pescadores do noso pobo Foz, cousa que nunca se acorda a de estar todos estes homes de mans curtidas no polo mar xuntos o redor de unha mesa, e sin discutir...

Pola tarde xa no peirao o éxito foi total, ali se achegaron moitisimas persoas a ver as demostracións do equipo de pescadores Fiiish, que con sumo detalle coas súas cañas de ultima xeración e destreza lanzaban os señuelos artificiais mais novedosos dentro do noso peirao. Nenos e maiores puideron probar estes materiais e seguir os consellos destes fenómenos da pesca deportiva, empezamos as 16.30 da tarde e rematamos as 20h coa entrega de premios mediante un sorteo de materias de pesca.

O Domingo amencia chovendo e frío, a pesares disto as condición meteorolóxicas non puideron coa ilusión dos participantes, reuniamos o primeiro grupo de 35 participantes na modalidade de Spinning por Costa, e tras un desaiuno as 7am no Xoima no que se deron as instrucións da xornada, saíron con ilusión por aprender dos expertos. Na praia de LLas fixemos a primeira sesión da matutina, alí os participantes se repartiron polas rochas e area da praia a lanzar os seus enganos para os peixes tutelados polos poñentes.
Despois parte do grupo avanzou ata a Praia da Rapadoira e dende o Espigón da mesma repetiron lances coas súas cañas de pescar ata quedares esgotados. Nesta sesión matinal tivemos a sorte de poder facer foto coas raíñas do noso mar: as Robalizas.

Comida no Dandy con 40 inscritos a mesma, e transcorrendo de forma amena coma a anterior, entregamos os detalles institucionais da asociación os membros do equipo Fiiish, eles tamén deron agasallos varios os participantes.

Esa mesma tarde as 16.30 saímos o segundo grupo, 45 pescadores con ilusión de aprender repartidos en 16 embarcacións, que de forma espectacular e conxunta saian o unísono do peirao de Foz, e repartidas por a ría do noso pobo fixeronse as practicas de pesca dende embarcación, destacar a emoción de algúns participantes por que era a primeira vez que se subían a unha lancha. Ás 19:00h demos por rematada a sesión, inda que os poñentes inda continuaron explicando detalles no pantalan e no peirao.

As conclusións e valoracións tras o peche destes tres días son enormemente positivas, e cremos humildemente que pouco se poderían mellorar. Os participantes e asistentes a estas xornadas así nolo fixeron saber e xa nos estaban pedindo facer outras edicións.

Os compoñentes de a Ribeira de Foz queremos expresar a nosa enorme gratitud os 5 poñentes do equipo que viñeron a Foz dende varios puntos da nosa xeografía: Juanan (Madrid), Jose (Coruña), Adrian (Cartagena), Tony (León) e Ramón (Almería), fixeron que este evento fose tan bo. Alguns dos nosos socios xa estaban preparando unhas visitas de pesca polas súas cidades...

Agradecer de forma mui especial a Michel,  xerente de Kukadas de Foz, sen el sería imposible facer o que fixemos.

E por ultimo dar as gracias ao Concello de Foz se involucrou o máximo na infraestrutura precisa, a Deputación de Lugo, ao Centro Comercial Aberto, e a protección civil.

¡GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES DE PARTE DOS SOCIOS DA RIBEIRA DE FOZ!