Spinning-Jigging
Balance das Xornadas de iniciación a pesca deportiva Jigging - Spinning que organizamos os pasados días 10-11 e 12.
Un dos obxectivos da "A Ribeira de Foz" é a promoción e fomento da náutica recreativa na nosa vila e na mariña lucense. Así que por isto marcamos na ultima asemblea de socios o facer un evento deportivo relacionado coa pesca e que todo o mundo puidese acceder a el. Desta maneira nos decidimos por iniciarnos nas modalidades de spinning e jigging.
Coa axuda de Michel, xerente da tenda de pesca Kukadas, e de El Pez Rosa, conseguimos traer a Foz a 5 integrantes do equipo Fiiish España, que facendo un símil co deporte do fútbol sería como traer a Foz o Real Madrid ou Barcelona, os mellores, que como tales equípanse coas mellores e mais actuais marcas deportivas de pesca do mundo.
Dende que empezamos a anunciar o evento entendimos o que este deporte pode chegar a supoñer para unha vila coma a nosa, numerosas de chamadas de teléfono dende múltiples lugares de España se sucedían para preguntar, anotarse, etc...
As dimensións que empezaba a tomar o asunto facíanse realmente importantes.
Comenzamos o venres, e xa fixemos unha primeira saída de pesca a practicar Jigging en varias embarcacións. A xornada soleada e con temperaturas cálidas propias do verán deixaron abraiados os cinco compoñentes do equipo de elite, que chegaron a dicir que nin en Almería de onde proviña algún deles, non facía tanto sol como neste día no mar de Foz. Tivemos sorte e ademais de practicar a técnica, puidemos capturar algúns fermosos peixes que por suposto devolviamos o seu medio tras a correspondente foto coa máxima delicadeza, pois este era unha das principais regras do evento, si se producían capturas durante as practicas estas deberían ser sempre devoltas o mar en perfectas condicións, ademais as modalidades de pesca que practicabamos permiten sempre este captura e solta.
As xornada do Sabado foi toda unha revelación de boas sensacións dende o inicio da mesma:
CENIMA 11.20h abarrotado, auditorio completo e isto a pesares das 30 cadeiras a maiores que puxeramos en previsión das chamadas das persoas interesadas. Mais de 130 persoas asistiron á presentación e a unha charla técnica que impartiu con gran éxito Ramón Cañadas, quen non deixou de abraiar os asistentes coas súas explicacións, apoiadas por vídeos instrutivos das técnicas de pesca. A simpatía de este poñente lograba entusiasmar a todos os asistentes, un momento ilustrativo da mesma foi cando en unha das explicacións cunha caña de pescar deixou baixar lentamente un dos señuelos que estaba a amosar ata o chan e as 130 persoas levantáronse das cadeiras o mesmo ritmo acompasado ca o do señuelo caendo para así non perdelo de vista. Isto demostra que estes señuelos non só son efectivos cos peixes, ¿non si?...
Tras a charla os participantes tiveron unha hora para visitar e tomar algún aperitivo polas inmediacións da zona.
90 dos participantes acudiron despois a comer un gran cocido galego preparado polo Tangarte Mariñeiro, xentes de Gijon, Ferrol, Madrid, León ,Asturias, Castro Urdiales, Lugo, Santiago, Ourense, e de toda a Mariña Lucense, pescadores nobeles, expertos e medios, confraternizaron de tal xeito que inda que nunca se tiveran visto parecían coñecerse de toda a vida. De esta comida cabe destacar unha cousa que a directiva nos chegou a emocionar de forma moi especial, que foi a de xuntar alí os mais vellos e sabidos mariñeiros e pescadores do noso pobo Foz, cousa que nunca se acorda a de estar todos estes homes de mans curtidas no polo mar xuntos o redor de unha mesa, e sin discutir...
Pola tarde xa no peirao o éxito foi total, ali se achegaron moitisimas persoas a ver as demostracións do equipo de pescadores Fiiish, que con sumo detalle coas súas cañas de ultima xeración e destreza lanzaban os señuelos artificiais mais novedosos dentro do noso peirao. Nenos e maiores puideron probar estes materiais e seguir os consellos destes fenómenos da pesca deportiva, empezamos as 16.30 da tarde e rematamos as 20h coa entrega de premios mediante un sorteo de materias de pesca.
O Domingo amencia chovendo e frío, a pesares disto as condición meteorolóxicas non puideron coa ilusión dos participantes, reuniamos o primeiro grupo de 35 participantes na modalidade de Spinning por Costa, e tras un desaiuno as 7am no Xoima no que se deron as instrucións da xornada, saíron con ilusión por aprender dos expertos. Na praia de LLas fixemos a primeira sesión da matutina, alí os participantes se repartiron polas rochas e area da praia a lanzar os seus enganos para os peixes tutelados polos poñentes.
Despois parte do grupo avanzou ata a Praia da Rapadoira e dende o Espigón da mesma repetiron lances coas súas cañas de pescar ata quedares esgotados. Nesta sesión matinal tivemos a sorte de poder facer foto coas raíñas do noso mar: as Robalizas.
Comida no Dandy con 40 inscritos a mesma, e transcorrendo de forma amena coma a anterior, entregamos os detalles institucionais da asociación os membros do equipo Fiiish, eles tamén deron agasallos varios os participantes.
Esa mesma tarde as 16.30 saímos o segundo grupo, 45 pescadores con ilusión de aprender repartidos en 16 embarcacións, que de forma espectacular e conxunta saian o unísono do peirao de Foz, e repartidas por a ría do noso pobo fixeronse as practicas de pesca dende embarcación, destacar a emoción de algúns participantes por que era a primeira vez que se subían a unha lancha. Ás 19:00h demos por rematada a sesión, inda que os poñentes inda continuaron explicando detalles no pantalan e no peirao.
As conclusións e valoracións tras o peche destes tres días son enormemente positivas, e cremos humildemente que pouco se poderían mellorar. Os participantes e asistentes a estas xornadas así nolo fixeron saber e xa nos estaban pedindo facer outras edicións.
Os compoñentes de a Ribeira de Foz queremos expresar a nosa enorme gratitud os 5 poñentes do equipo que viñeron a Foz dende varios puntos da nosa xeografía: Juanan (Madrid), Jose (Coruña), Adrian (Cartagena), Tony (León) e Ramón (Almería), fixeron que este evento fose tan bo. Alguns dos nosos socios xa estaban preparando unhas visitas de pesca polas súas cidades...
Agradecer de forma mui especial a Michel, xerente de Kukadas de Foz, sen el sería imposible facer o que fixemos.
E por ultimo dar as gracias ao Concello de Foz se involucrou o máximo na infraestrutura precisa, a Deputación de Lugo, ao Centro Comercial Aberto, e a protección civil.
¡GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES DE PARTE DOS SOCIOS DA RIBEIRA DE FOZ!