Plano histórico do estuario de Foz en 1787, realizado por D. Antonio Alcalá Casano
De este plano antigo, se nos atemos de forma fidedigna o que representa, pódense sacar conclusións bastante claras;
Nel vemos claramente como baixaba o curso natural do río Masma, que saia a ría pegadiño a Punta da Arnela seguindo pola beira de Foz . Antes da construción da ponte do ferrocarril.
A desembocadura ia cara a leste "Pena Rubia" porque a propia morfoloxía do estuario e da ribeira focega así o encauzaban.
Mais adiante o curso da saída do rio veríase empuxado pola construción da ponte do ferrocarril, desviando o curso rectilíneo antigo e empuxando este cara a o lado de Mañente, facendo unha forma curva no propio litoral e facendo que este saíse da Punta Arnela en dirección leste.Foto explicativa do primeiro gran cambio que experimentou a nosa ría. A día de hoxe inda se poden apreciar os regos por onde transcorría o río tantos anos atrás:
Superposición do plano de 1787 enriba de unha imaxe satélite do 2016.
Queda claro que o curso do río alterouno a ponte do tren. O río baixaba polo mesmo múelle de Foz, unha simple ponte o que pode chegar a facer.
Tamén se pode ver como Foz lle ganou térreno o mar: