Tras conseguir que portos instalase nos peiraos Focegos as torretas de
auga e electricidade tan demandadas polos usuarios da náutica recreativa
de Foz.
Esta vez tratase da colocación por parte da nosa
asociación de 8 soportes en aceiro inoxidable para colgar unhas
mangueiras de auga e unhas alargadeiras eléctricas. Soportes que nos
donou a Estación de Servicios Foz, S.L.. Repsol de Foz en Marzán, e que serán de
gran utilidade para a ordenación correcta dos 200m de mangueiras de
auga e alargadeiras de luz que van a portar estes soportes para
mantemento das embarcacións deportivas de Foz, ademais eliminamos ter
mangueiras tiradas polo chan que poden provocar algún accidente, e
logramos tamén unha importante mellora estética nos pantalanes de Foz.Polo que non nos queda mais que agradecer esta importante colaboración a Estación Repsol de Foz.
Outra das nosas humildes peticións, que portos de Galicia executou estes días pasados foi a colocación de unhas chapas lagrimadas no pantalán do muelle, chapas que serven para tapar unhos ocos nas entradas dos finguers de amarre, ocos nos que os usuarios xa tiveramos algún percance metendo por eles a perna de forma accidental.
Grazas a colocación desa chapa eliminouse o risco que existía.
Portos de Galicia tamen esta a proceder coa colocación das proteccións nos
pantalanes de Porto Chico, con isto esta case rematada a obra de
reparación e acondicionamento deses pantalanes e a falta de tapar os
buratos existentes nos pilares, os traballos de; chorreo, aceitado de
tablas, colocación de torretas de auga e luz, e colocación de
proteccións están feitos.
O lavado de cara de estes pantaláns pódese ver a simple vista.
Peticións de acondicionamento que no seu dia solicitou a nosa asociación.
O lavado de cara de estes pantaláns pódese ver a simple vista.
Peticións de acondicionamento que no seu dia solicitou a nosa asociación.