A Ribeira de Foz con 14 dos seus socios, na excursión o salón náutico de Cantabria en Laredo.
A excursión que ademais de ser ociosa foi moi didáctica para nos moitos aspectos.
Encantados co trato recibido por parte da organización e tamén coas xentes do pobo Laredano, que nos mostraron en todo momento o cariño que teñen a Foz. Resultou entrañable conversar cos vellos mariñeiros autóctonos que recordan con absoluta precisión os nomes dos barcos de Foz e de moitos mariñeiros Focegos, que recalaban en Laredo nas campañas da anchoa.
Por algo estamos irmandados con estas xentes.
Precioso Laredo, boa gastronomía, aquí cabe destacar Gastro Bar Somera calidade absoluta e bon servizo, é o incrible e impresionante de ver as instalacións que teñen para a náutica recreativa, pantalanes modernos nos que o número de prazas para embarcacións de tódolos tamaños e clases parece ser infinito. Abraia ver que pobos similares os nosos da Mariña Lucense teñan esas preciosas instalacións.
Moito temos que remar na mariña para poder chegar a ser e ter a metade...
Translate
lunes, 25 de julio de 2016
jueves, 21 de julio de 2016
Seguimos coas melloras.
Hoxe os socios da Ribeira de Foz acabamos de instalar no Muelle e en Porto Chico, nos novos soportes, 225m de mangueira de auga de alta calidade, doada pola empresa CONSTRUCCIONES Y CANALIZACIONES JOSÉ SAÁ S.L, a cal agradecemos a sua importante colaboración con nos.
Ademais a asociación aportou os acoples e boquillas para estas mangueiras tamén en materias de calidade.
Estas melloras son froito dos socios e polo tanto debemos velar por manter e coidar do que conseguimos ata o de agora.
Animamos a moitos que tendes embarcacións, e inda non sodes participes,
a facerse socio de A Ribeira de Foz, para asi poder seguir mellorando
as nosas instalacións.
Aproveitamos tamén para dar o seguinte aviso;
Este vindeiro mércores van a empezar a reparar os buracos que teñen os pilares que suxeitan os pantalanes de Porto Chico, nestas reparacións traballarase con soldadura e oxicorte, polo tanto os que teñades as embarcacións pegadas a os pilares, deberiades estar un pouco pendentes destes traballos. Teñen prevista unha duración de tres días.

miércoles, 13 de julio de 2016
Novo acceso a Porto Chico
Outra mellora acadada,
O concello de Foz esta a abrindo un novo acceso a o peirao de Porto Chico, acceso que so se abrira e usara para chegar o peirao, cando se corte a Travesía da Ribeira por mor das moitas festas que temos nesa zoa no verán.
A vía nova será de sentido único para acceder o peirao e nunca para saír do mesmo, para eso seguirase usando a saída de sempre. Quedando como unha rotonda de entrada e saída.
Esto era outra das nosas peticións humildes, que esta vez agradecemos o concello de Foz que reorganice isto, que os socios da Ribeira de Foz viamos necesario para ter unha boa convivencia entre os usuarios portuarios e as festas locais.

Seguimos de boas novas, coas melloras dos nosos peiraos de Foz.
Tras conseguir que portos instalase nos peiraos Focegos as torretas de
auga e electricidade tan demandadas polos usuarios da náutica recreativa
de Foz.
Esta vez tratase da colocación por parte da nosa
asociación de 8 soportes en aceiro inoxidable para colgar unhas
mangueiras de auga e unhas alargadeiras eléctricas. Soportes que nos
donou a Estación de Servicios Foz, S.L.. Repsol de Foz en Marzán, e que serán de
gran utilidade para a ordenación correcta dos 200m de mangueiras de
auga e alargadeiras de luz que van a portar estes soportes para
mantemento das embarcacións deportivas de Foz, ademais eliminamos ter
mangueiras tiradas polo chan que poden provocar algún accidente, e
logramos tamén unha importante mellora estética nos pantalanes de Foz.Polo que non nos queda mais que agradecer esta importante colaboración a Estación Repsol de Foz.

Outra das nosas humildes peticións, que portos de Galicia executou estes días pasados foi a colocación de unhas chapas lagrimadas no pantalán do muelle, chapas que serven para tapar unhos ocos nas entradas dos finguers de amarre, ocos nos que os usuarios xa tiveramos algún percance metendo por eles a perna de forma accidental.
Grazas a colocación desa chapa eliminouse o risco que existía.
Portos de Galicia tamen esta a proceder coa colocación das proteccións nos
pantalanes de Porto Chico, con isto esta case rematada a obra de
reparación e acondicionamento deses pantalanes e a falta de tapar os
buratos existentes nos pilares, os traballos de; chorreo, aceitado de
tablas, colocación de torretas de auga e luz, e colocación de
proteccións están feitos.
O lavado de cara de estes pantaláns pódese ver a simple vista.
Peticións de acondicionamento que no seu dia solicitou a nosa asociación.
O lavado de cara de estes pantaláns pódese ver a simple vista.
Peticións de acondicionamento que no seu dia solicitou a nosa asociación.
domingo, 29 de mayo de 2016
Excursión de pesca a Aguiño
Esta semana organizamos con algúns
socios unha saida de pesca guiada na modalidade de spinning na busqueda
de o tan prezado robalo, decidimos ir a Aguiño na ria de Arosa
Pontevedra. Para elo recorremos a empresa Mar de Aguiño.
A experiencia foi moi boa en xeral;
Saimos en grupo organizados o pasado xoves de madrugada cara a Aguiño pois quedaramos co patrón que nos ia levar e guiar as 06.15 am para aproveitar as boas horas de pesca que ofrece a saída do sol. o chegar xa nos esperaba coa planeadora o patrón, que antes de embarcar xa nos advírteo; "hoxe ides practicar pesca extrema" pois o mar estaba bastante bravo esa maña e por esa razón non iamos poder visitar moitas das postas de pesca que teñen dominadas. Unha vez equipados e cos chalecos salvavidas postos, en pouco tempo xa estabamos dando os primeiros lances e paseando os señuelos de vinilo.
É incrible o numero de afloramentos de rochas, que no medio do mar teñen nesa zoa da ría de Arousa, o soño de calquera pescador de spining poder gozar desas costas e paraxes.
Tras dúas horas e media lanzando sen practicamente descansar o resultado foi espectacular, con innumerables picadas que se sucedían unha tras outra sin cesar desde a primeira posta que visitamos ata a ultima, o que ademais de gratificante como pescadores resultou divertidisimo, e a pesares de que non tivemos a sorte de sacar un robaliño bo, si que puidemos desfrutar coas robalizas as cales cumprindo estritamente coa normativa, o numero de capturas superou amplamente as nosas expectativas, practicando o pesca e solta con numerosas capturas, pois xa estabamos mais que satisfeitos. As indicacións do guía de pesca e patrón axudaron en gran medida as moitisimas picadas que tivemos, e a pericia e experiencia que este demostrou coa embarcación facía que estivésemos confiados a pesares das duras condicións do mar.
O resultado desta primeira excursión de socios que organizamos a Aguiño foi case que inmellorable, e seguro que repetiremos en vindeiras ocasións con Mar de Aguiño, por que ademais de ser uns profesionais e ser boas persoas no trato, son económicos no prezo en comparanza con outros guías.
Se vos gusta a pesca Spinning, recomendámosvos que se podedes fagades unha saída guiada por eles, merece realmente a pena.

martes, 29 de marzo de 2016
Foz 1948
Un pedaziño de historia e da importancia da industria focega e do muelle de Foz noutros tempos.
De 1948 é este vídeo do documental titulado Riquezas Lucenses, obra de Carlos Boué, guionista e director de moitos dos traballos realizados por Peñalara Films na provincia de Lugo, actividade que compaxina coa de propietario de Augustus Films, productora deste documental.
Merece a pena visionar este pedazo da nosa historia:
martes, 8 de marzo de 2016
Normativa pesca 2016 - Dentro da Ría de Foz
ORDE do 28 de xaneiro de 2016 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2016.
Artigo 9.
Réxime especial de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...)
Períodos hábiles.
c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano
Provincia de Lugo.
Provincia de Lugo.
Río
|
Límite superior
|
Límite inferior
|
Masma
|
Puente da Espiñeira en la carretera nacional 462 entre los ayuntamientos de Foz y Barreiros
|
Línea recta imaginaria que une Punta Prados con la punta de la escollera de Foz
|
a) A dimensión mínima de captura para cada unha destas especies será a establecida na normativa de pesca marítima.
b)
A cota máxima de capturas por persoa e día será de 5 kg para o total de
pezas capturadas e pode non computarse o peso dunha peza. Só se
permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.
Engados.
Engados
autorizados: xorra ou becho de mar (Nereis sp.), pulga de mar, miolo de
pan, quisquilla, mosca artificial cun anzol e sen arponciño, peixes
artificiais e mais engados de materiais plásticos ou semellantes
(comunmente coñecidos como «vinilos»).
Autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.
Artigo 13.
Horas de pesca
De
conformidade co disposto no artigo 31.3 da Lei de pesca fluvial, só se
poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da
saída do sol e unha hora despois do solpor. As horas oficiais serán as
publicadas na páxina web de Meteogalicia:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/orto/ortoIndex.action, tomando como referencia a localidade máis próxima ao punto onde se estea pescando.
Dez
minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da
xornada de pesca todos os aparellos e engados deberán estar recollidos
e, se é o caso, as canas pregadas.
Artigo 15.
Canas de pescar e utensilios auxiliares
b)
Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por
persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación aínda que o
número de persoas embarcadas sexa maior.
c)
Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e nos encoros
que se relacionan nos anexos VI e VII desta orde autorízase o emprego de
dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador ou
pescadora de tres metros.
Artigo 16.
Pesca desde embarcación
De
conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da
pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá
pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes nas zonas de
desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos
anexos VI e VII desta orde, sen prexuízo das competencias dos organismos
responsables da navegación e a flotación nas zonas de desembocadura ou
nas masas de auga continentais.
-------------------------------------------------
-------------------------------------------------
Suscribirse a:
Entradas (Atom)