Translate

domingo, 15 de noviembre de 2015

Éxito en convocatoria e resultado da charla sondas e manobras de fondeo.

Preto de sesenta pescadores profesionais y deportivos, de Foz, Burela,
Ribadeo, Viveiro e San Cibrao déronse cita este sábado na charla
coloquio, organizada pola nosa asociación, sobre o manexo e configuración
de sondas de pesca e manobras de fondeo.
Os asistentes a esta,  mostráronse mui satisfeitos coa mesma tras
facerse coas valiosas explicacións instrucións e consellos proporcionados por o
poñente; Juan Antonio "Cuni", coñecido experto na configuración de sonar
e sondas entre os patróns de pesca profesional.
A Ribeira de Foz consideramos de éxito,​​​​​​​​ a convocatoria e o
resultado da mesma, e agradecemos a dispoñibilidade do experto, o cal
o rematar a charla, aconsellou particularmente a algúns dos
asistentes na sua embarcación.
Por outra parte queremos destacar tamén que moitos dos asistentes se
quedaron a desfrutar do bon tempo e a comer por as inmediacións do
porto, algúns de forma xa organizada previamente, cousa que nos agrada.
Este era o ultimo dos tres actos de charlas coloquio que tiñamos

programados, e neste aspecto damos por finalizado o curso do 2015, do
noso primeiro año como asociación no que se refire a charlas coloquio.
Tras a boa acollida das mesmas anunciamos xa que para o 2016, vamos a
seguir realizando este tipo de coloquios, e xa temos en proxecto un,
sobre a técnica de pesca deportiva denominada "Jiggin", de gran auxe actual entre
os pescadores deportivos.