Translate

miércoles, 10 de febrero de 2016

Plano do estuario de Foz en 1787.

Plano histórico do estuario de Foz en 1787, realizado por D. Antonio Alcalá Casano



De este plano antigo, se nos atemos de forma fidedigna o que representa, pódense sacar conclusións bastante claras;
Nel vemos claramente como baixaba o curso natural do río Masma, que saia a ría pegadiño a Punta da Arnela seguindo pola beira de Foz . Antes da construción da ponte do ferrocarril.
A desembocadura ia cara a leste "Pena Rubia" porque a propia morfoloxía do estuario e da ribeira focega así o encauzaban.

Mais adiante o curso da saída do rio veríase empuxado pola construción da ponte do ferrocarril, desviando o curso rectilíneo antigo e empuxando este cara a o lado de Mañente, facendo unha forma curva no propio litoral e facendo que este saíse da Punta Arnela en dirección leste.
Foto explicativa do primeiro gran cambio que experimentou a nosa ría. A día de hoxe inda se poden apreciar os regos por onde transcorría o río tantos anos atrás:


Superposición do plano de 1787 enriba de unha imaxe satélite do 2016.
Queda claro que o curso do río alterouno a ponte do tren. O río baixaba polo mesmo múelle de Foz, unha simple ponte o que pode chegar a facer.
Tamén se pode ver como Foz lle ganou térreno o mar:


O curioso é que ningún estudio da nosa Ría o reflicte, claro que estes estudios os que nos refirimos están feitos principalmente para estudar a desaparición paulatina dos mariscos bivalvos da Ría, e quizais a ponte non afectou nese sentido. Ainda que queda mui claro que para a navegación da Ría e os peiraos Focegos ¡SI!