ORDE do 28 de xaneiro de 2016 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2016.
Artigo 9.
Réxime especial de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...)
Períodos hábiles.
c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano
Provincia de Lugo.
Provincia de Lugo.
Río 
 | 
Límite superior 
 | 
Límite inferior 
 | 
Masma 
 | 
Puente da Espiñeira en la carretera nacional 462 entre los ayuntamientos de Foz y Barreiros 
 | 
Línea recta imaginaria que une Punta Prados con la punta de la escollera de Foz 
 | 
a) A dimensión mínima de captura para cada unha destas especies será a establecida na normativa de pesca marítima.
b)
 A cota máxima de capturas por persoa e día será de 5 kg para o total de
 pezas capturadas e pode non computarse o peso dunha peza. Só se 
permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.
Engados.
Engados
 autorizados: xorra ou becho de mar (Nereis sp.), pulga de mar, miolo de
 pan, quisquilla, mosca artificial cun anzol e sen arponciño, peixes 
artificiais e mais engados de materiais plásticos ou semellantes 
(comunmente coñecidos como «vinilos»).
Autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.
Artigo 13.
Horas de pesca
De
 conformidade co disposto no artigo 31.3 da Lei de pesca fluvial, só se 
poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da
 saída do sol e unha hora despois do solpor. As horas oficiais serán as 
publicadas na páxina web de Meteogalicia:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/orto/ortoIndex.action, tomando como referencia a localidade máis próxima ao punto onde se estea pescando.
Dez
 minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da 
xornada de pesca todos os aparellos e engados deberán estar recollidos 
e, se é o caso, as canas pregadas.
Artigo 15.
Canas de pescar e utensilios auxiliares
b)
 Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por 
persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación aínda que o
 número de persoas embarcadas sexa maior.
c)
 Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e nos encoros 
que se relacionan nos anexos VI e VII desta orde autorízase o emprego de
 dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador ou 
pescadora de tres metros.
Artigo 16.
Pesca desde embarcación
De
 conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da 
pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá 
pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes nas zonas de 
desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos 
anexos VI e VII desta orde, sen prexuízo das competencias dos organismos
 responsables da navegación e a flotación nas zonas de desembocadura ou 
nas masas de auga continentais.
-------------------------------------------------
-------------------------------------------------

