Translate

lunes, 25 de julio de 2016

Salón Náutico de Laredo Excursión

A Ribeira de Foz con 14 dos seus socios, na excursión o salón náutico de Cantabria en Laredo.
A excursión que ademais de ser ociosa foi moi didáctica para nos  moitos aspectos.
Encantados co trato recibido por parte da organización e tamén coas xentes do pobo Laredano, que nos mostraron en todo momento o cariño que teñen a Foz. Resultou entrañable conversar cos vellos mariñeiros autóctonos que recordan con absoluta precisión os nomes dos barcos de Foz e de moitos mariñeiros Focegos, que recalaban en Laredo nas campañas da anchoa.
Por algo estamos irmandados con estas xentes.
Precioso Laredo, boa gastronomía, aquí cabe destacar Gastro Bar Somera calidade absoluta e bon servizo,  é o incrible e impresionante de ver as instalacións que teñen para a náutica recreativa, pantalanes modernos nos que o número de prazas para embarcacións de tódolos tamaños e clases parece ser infinito. Abraia ver que pobos similares os nosos da Mariña Lucense teñan esas preciosas instalacións.
Moito temos que remar na mariña para poder chegar a ser e ter a metade...