Translate

jueves, 21 de julio de 2016

Seguimos coas melloras.


Hoxe os socios da Ribeira de Foz acabamos de instalar no Muelle e en Porto Chico, nos novos soportes, 225m de mangueira de auga de alta calidade, doada pola empresa CONSTRUCCIONES Y CANALIZACIONES JOSÉ SAÁ S.L, a cal agradecemos a sua importante colaboración con nos.
Ademais a asociación aportou os acoples e boquillas para estas mangueiras tamén en materias de calidade.

Estas melloras son froito dos socios e polo tanto debemos velar por manter e coidar do que conseguimos ata o de agora.

Animamos a moitos que tendes embarcacións, e inda non sodes participes, a facerse socio de A Ribeira de Foz, para asi poder seguir mellorando as nosas instalacións.

Aproveitamos tamén para dar o seguinte aviso;
Este vindeiro mércores van a empezar a reparar os buracos que teñen os pilares que suxeitan os pantalanes de Porto Chico, nestas reparacións traballarase con soldadura e oxicorte, polo tanto os que teñades as embarcacións pegadas a os pilares, deberiades estar un pouco pendentes destes traballos. Teñen prevista unha duración de tres días.