Translate

miércoles, 13 de julio de 2016

Seguimos de boas novas, coas melloras dos nosos peiraos de Foz.

Tras conseguir que portos instalase nos peiraos Focegos as torretas de auga e electricidade tan demandadas polos usuarios da náutica recreativa de Foz.
Esta vez tratase da colocación por parte da nosa asociación de 8 soportes en aceiro inoxidable para colgar unhas mangueiras de auga e unhas alargadeiras eléctricas. Soportes que nos donou a Estación de Servicios Foz, S.L.. Repsol de Foz en Marzán, e que serán de gran utilidade para a ordenación correcta dos 200m de mangueiras de auga e alargadeiras de luz que van a portar estes soportes para mantemento das embarcacións deportivas de Foz, ademais eliminamos ter mangueiras tiradas polo chan que poden provocar algún accidente, e logramos tamén unha importante mellora estética nos pantalanes de Foz.
Polo que non nos queda mais que agradecer esta importante colaboración a Estación Repsol de Foz.




Outra das nosas humildes peticións, que portos de Galicia executou estes días pasados foi a colocación de unhas chapas lagrimadas no pantalán do muelle, chapas que serven para tapar unhos ocos nas entradas dos finguers de amarre, ocos nos que os usuarios xa tiveramos algún percance metendo por eles a perna de forma accidental.
Grazas a colocación desa chapa eliminouse o risco que existía.






Portos de Galicia tamen esta a proceder coa colocación das proteccións nos pantalanes de Porto Chico, con isto esta case rematada a obra de reparación e acondicionamento deses pantalanes e a falta de tapar os buratos existentes nos pilares, os traballos de; chorreo, aceitado de tablas, colocación de torretas de auga e luz, e colocación de proteccións están feitos.
O lavado de cara de estes pantaláns pódese ver a simple vista.
Peticións de acondicionamento que no seu dia solicitou a nosa asociación.